Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras.
Ao emigraren os homes desde o oriente, encontráronse
nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse
alí.
Dixéronse uns aos outros: -"Imos facer ladrillos e
cocelos no lume". O ladrillo facíalles de pedra e o
betume de cemento.
E nisto propuxeron: -"Imos construír unha cidade e
unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos
un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra".
Baixou o Señor para ver a cidade e a torre que os
homes construían, e pensou:
-"Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se
empeza facendo isto, ninguén podería privalos
desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza.
Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua,
de xeito que non se entendan uns cos outros".
O Señor espallounos de alí por toda a terra,
e deixaron de construír a cidade.
A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou
o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí
espallounos por toda a face da terra.
Text provided by Luis de la Calle Carballal
Another version of this text translated by Shigaya Nimurai
A terra toda falaba unha lingua soa e usaba as mesmas palabras.
Ó emigraren os homes dende o oriente, atoparonse nunha chaira, no país de Xinar, e deron en fincaren alí.
Dixéronse uns aos outros: -"Imos facer ladrillos e imo-los cocer no lume". O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento.
E nisto deron en propoñer: -"Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue ata o ceo co cimo, e ímonos facer un nome de sona, para non nos perder pola ancha face da terra".
Baixou o Señor para mirar a cidade e a torre que os homes estaban a construir, e pensou:
-"Aquí hai un pobo unido que fala a mesma fala. Se empeza a facer isto, ninguén ía poder privalos dende agora de faceren o que se lles veña ó maxín.
Imos baixar e embarullar alí mesmo a súa fala, de xeito que non se entendan uns cos outros".
O Señor espallounos de alí pola terra toda, e deixaron de construír a cidade.
A esta déuselle en chamar Babel, porque alí o Señor coidou embarullar a fala de todo o mundo. Dende alí fíxoos espallar por toda a face da terra.
If you like this site and find it useful, you can support it by making a donation via PayPal or Patreon, or by contributing in other ways. Omniglot is how I make my living.
Note: all links on this site to Amazon.com, Amazon.co.uk and Amazon.fr are affiliate links. This means I earn a commission if you click on any of them and buy something. So by clicking on these links you can help to support this site.